POR MOR DUN PROBLEMA ALLEO Á REDACCIÓN DE XEADODETOXO.COM, ATE A FIN DE SEMANA QUE VEN A WEB VAI FICAR INACTIVA. NUNS CINCO DÍAS VOLTARÁ Á VIDA. GRACIÑAS POLA VOSA PACIENCIA.

Advertisements
Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Segunda representación dos vellos non deben de namorarse

A compañía galega Teatro do Morcego vai representar no Auditorio Municipal de Cangas as nove da noite, os próximos venres 26 e sábado 27, unha das obras egrexias das artes galegas baixo a dirección de Celso Parada, coa iluminación de David Deive, o vestiario de Carlos Alonso e as interpretacións de E. Rodríguez  Tatan, Miguel Borines, Miguel Pernas, Mundo Villalustre, Mónica Camaño, Xavier Deive, Elina Luaces, Miguel Varela, Iolanda Muiño, Andrés Giraldez.

Esta é unha farsa que trata dos amores de tres vellos imprudentes que teñen a desgracia de poñer os seus ollos na mocedade garrida de tres rapazas novas: Lela, Micaela e Pimpinela. Como consecuencia desa imprudencia, os tres acaban morrendo. D. Saturio, envelenado cun solimán da propia botica. D. Ramón, que por un bico entrega a alma, deitado no esterco; e o vinculeiro señor Fuco, que remata por casar coa namorada e morre de felicidade.

Os vellos non deben de namorarse foi escrita “para regalía do pobo galego” por Don Alfonso Daniel Rodríguez Castelao na cidade de Nova Iorque, como remedo para “matar as horas de morriña” en verbas do Altísimo. “Os vellos” é o froito da combinación de dúas das moitas sensibilidades artísticas de Castelao, a literaria e a imaxinación plástica.

Con escenografía do propio artista rianxeiro e baixo a dirección de Manuel Varela Buxán, a obra estreouse no Teatro Mayo de Bos Aires o 14 de agosto de 1941, para despois representarse o 8 de outubro no Teatro Solís de Montevideo. Castelao non puido asistir á estrea no Uruguay e mandou unha gravación, en castelán, que constitúe o único documento sonoro coa súa voz.

O vindeiro ano cúmprese o 125 aniversario do nacemento de Castelao. Co gallo desta efeméride, a oposición parlamentar propuxo nomear o 2011 como Ano Castelao ao que o Goberno Galego negouse, sen dúbida polo noso ben. Coas crises xa se sabe, pensar está de máis.

Publicado en Cine e teatro | Deixar un comentario

Presentación de Noites, amenceres… e algo máis

Maña domingo 28 de novembro as seis do serán, vaise presentar no Centro Social do Mar de Bueu o segundo poemario de Asun Estévez despois de Pel de Muller, ilustrado por Luis Davila e publicado por Ir Indo Edicións.

O acto contará cun recital poético da autora morracense acompañada á guitarra por Estela Martínez Martínez e Alejandro Lorenzo Díaz.

Publicado en Novas, vellas e artigos | Deixar un comentario

Os Ronseis do Salitre no Chiapas Rock Bar

Publicado en Cine e teatro | Deixar un comentario

Concerto dos Stigmatribe no Chiapas Rock Bar

Foto de Tanis Gamuzo (Concerto de Stigmatribe no Chiringo do Mundo)

O sábado 27 o grupo morracense Stigmatribe vai ofrecer as dez da noite un directo no Chiapas.

Máis fotos de Stigmatribe e Boca Negra en Liméns (3 de setembro 2010)
MySpace de Stigmatribe

Publicado en Música, concertos e romerias | Deixar un comentario

Dos pelos negros na Semana Cultural Furtiva 2010

Este sábado a finais de novembro principia a Semana Cultural Furtiva 2010 cun concerto dos pelos negros as once e media da noite na Discoteca Carpe Diem do Eirado do Señal en Cangas. Este directo, incluido no remate do Outono Furtivo, foi suspendido polo falecemento dun familiar dun dos músicos da banda, e adiado para mañá.

 

Semana Cultural Furtiva 2010

 

Blogue Deskarga Furtiva
MySpace Descarga Furtiva

Publicado en Música, concertos e romerias | Deixar un comentario

Décima xornada da Asobal B 2010-11 no Pavillón do Gatañal

Publicado en Deportes | Deixar un comentario