Espectáculo “De Belleville à Pigalle” dos “Les Trois de Cora”

Este xoves 22 de xullo as dez da noite, actuación do grupo “Les Trois de Cora” no Aturuxo de Bueu. O prezo será de catro euros.

No show “De Belleville à Pigalle” propoñen unha viax polo tempo e polo espazo,unha oportunidade de achegarse á chanson française e aos seus artistas máis representativos, degustando tamén curiosidades sobre a Cidade das Luces, cun  repertorio cheo de adaptacións de temas clásicos da canción francesa da segunda metade do século vinte, adaptados con novas texturas acústicas, electrónicas e jazzisticas. Ademais tocarán temas propios do grupo.

“Les Trois de Cora” son: Coralie Yap-Chine, cantante de outros grupos coma COdA. e Hot Kawa Club, actriz na compañía teatral Tolemia e profesora de canto nas escolas de música “A Escola da Vaca” de Ferrol e “Drops” de Santiago de Compostela, naceu en Paris no ano 1984; Olivier Cano Carteret, nado en ferrol no 1981, é profesor de frauta nun fato de escolas de música coma na “Allegro Cantabile” de A Coruña ou a “A Escola da Vaca” de Ferrol. Tamén toca o saxo; Alexandre Salgueiro, compositor dalgunhas bandas sonoras e profesor de flauta no Conservatorio Profesional d’A Estrada, e membro de diferentes conxuntos musicais de cámara, orquestras, jazz, rock,… En “Les Trois de Cora” toca a frauta e o piano ademais de encargarse das bases.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Música, concertos e romerias. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s